Pisando Ovos. “No Intre 1800″

Días 12 (22:00h.), 13 (22:00h.) y 14 (21:00h.). Cía. Pisando Ovos. No intre 1800. A Coruña.
Pisando Ovos é compañía residente de Teatro Ensalle e compañía asociada de Teatro Galán. A súa anterior produción, Con Permiso, foi producida por Teatro Ensalle dentro do Festival Isto Ferve 06 e estreada no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO). A modo dunha fusión con esta coreografía, estrean No intre 1800, peza que se presentou en formato reducido no Festival En Pé de Pedra de Compostela, organizado por Matarile Teatro.
“Inchaurras, volcán, acróbatas en Xapón, despedida, moito amor, estou mal, dormes comigo?, ti o 24 eu o 25, sen costuras, unha prancha ben grande, unhas freguiñas?, non veñas, o día da froita aínda que sexa sen pernas, sen esforzo, na procura de landras, os avós…
Esta peza créase grazas a aqueles pequenos instantes que lle dan corda á nosa vida, pero tamén á busca en si, á espera, á compañía e á suma de dous instantes. O noso instante. BOOM!!
Aquí estamos… Deixarnos só bailar o tempo que é noso, o que nos toca… Só un instante.”
As vidas destes dous bailaríns, Rut Balbis e David Loira, crúzanse en 1997 na universidade estudando Ciencias da Actividade física e do Deporte. Dende este momento comparten os mesmos intereses e vense atraídos pola acrobacia, a danza, o teatro….formando parte do grupo de danza- teatro para nenos “Monicreques”. Unha vez licenciados continúan a súa formación en Londres na London contemporary Dance School e durante un ano se especializan en danza contemporánea e coreografía.
Á súa volta, David pasa a formar parte de Caramuxo Teatro e Rut imparte clases de danza contemporánea ao tiempo que realiza o seu doctorado.
Non cesan de asistir a cursos de diferentes estilos de danza, butho, comedia dell ´arte, improvisación, creatividade…
No verán de 2004 deciden formar unha compañía de danza contemporánea apostando polas súas ideas e perseguindo os seus soños. Pisando Ovos nace como un proxecto soñador, desexoso de transmitir e dar a coñecer novas formas de expresión. Por iso, as súas obras combinan a danza con outras dimensións artísticas como o teatro, a improvisación, o contact, etc.
Pisando Ovos foi a compañía máis votada o pasado ano no apartado de danza na “Red Estatal de Teatros Alternativos” (integrada por máis de 30 salas de todo o Estado), e participou no prestixioso festival Escena Contemporánea en Madrid.
