NUT TEATRO PONE A SARAH KANE EN ESCENA
4.48 Psicose fai referencia á hora de maior lucidez das persoas que son sometidas a tratamento psiquiátrico é a hora na que a confusión provocada pola medicación se esvaece.
Tamén a hora na que máis persoas se suicidan. A propia Kane suicidouse pouco despois de escribir este desgarrador poema escénico.
Máis ca unha obra convencional, con personaxes, trama argumental e parámetros de tempo e lugar, o texto é un canto desesperado, un poema totalmente lúcido co propio sentimento: a desesperanza.

